venres, 6 de maio de 2016

PROXECTO NUVU

Hola Astronautas.... Aquí vos deixo o meu e-book.

Despois de tanto traballo, durante este semestre, esto chega ao seu fin, polo menos desta primeira etapa... pero non pensedes, que vos podedes librar tan fácilmente de min, esto soamente é o primeiro capitulo dunha enorme saga, "A Guerra das Galaxias" non será nada o lado de ata onde imos chegar, así que preparadevos para continuar a aventura.

Quero aproveitar para dar as gracias a Manola e Beatriz, pola enorme axuda prestada, sen elas este pequeno proxecto non sería posible, agora correspondeme facelo crecer coa axuda de todos.

Gracias a todos os compañeiros que pacientemente  me axudaron a integrarme de novo na Universidade, pois coa miña idade xa non é tan sinxelo, gracias Maria, Sara, Ana e Paula.

Gracias os meus nenos, Yago, Nacho e Mencia, por motivarme cada día onde este novo proxecto me parece tan difícil de compaxinar co meu traballo e a miña familia. Polas súas participacións  e ideas no Blog e ser os meus pequenos coellos de Indias.

Por último gracias a Anthony o meu amor, que pacientemente me sigue nas miñas tolas ideas, dándome moito ánimo nos momentos difíciles.

Un bico a todos

 resultado final.


QUE O DISFRUTEDES!



INFORME DO PROXECTO NUVU


Ola Astronautas!

Aquí vos deixo o informe do meu proxecto.

Espero qur vos guste, e que a alguén lle sirva.

Un bico


INFORME DO PROXECTO NUVU




luns, 25 de abril de 2016

video de presentación


Ola Astronautas!!!

Aquí vos deixo a presentación do meu equipo para que poidades poñer cara a tanta parrafada.







domingo, 24 de abril de 2016

VIDEO QUIZ.... DESCUBRINDO VALORES

Ola Astronautas!

Aquí vos deixo o video Quiz, feito con Educaplay, para traballar os valores na aula.
Espero que vos guste.....


VALORES E COMPAÑEIROS.

Ola Astronautas!!

Aquí vos deixo unha pequena actividade, para relacionar os valores a empregar para poder axudar os teus compañeiros da clase cando teñen algún problema. Moitas veces os nenos/as chegan a parecernos hasta malos coas súas actitudes fronte os problemas dos outros,,,, e a maior parte das respostas que escoitamos dos maiores e unha frase que a min faime dano as orellas: " Son nenos" "É cousa de nenos", e sen máis aí deixamos esta situación esperando que se resolva soa, pois síntoo, pero discrepo totalmente nisto, os nenos non simpatizan porque non saben como facelo, ou teñen moitas ocasións nas que non saben como arranxar os conflitos, e debemos ser nós, os que cando estamos ante estas situación lles mostremos os diferentes valores a empregar e como arranxar a situación. 
Espero que esta actividade que fixen con Educaplay vos guste.

Feliz domingo a todos





sábado, 23 de abril de 2016

CHAVALES QUE ATAJAN EL ACOSO DE RAÍZ

Ola Astronautas....

Hoxe vos traio un artigo de prensa que saíu esta semana no xornal EL PAIS.
Paréceme unha iniciativa estupenda para tratar os problemas de acoso, e paréceme que sería moi sinxelo poder poñelo en marcha nas aulas de Primaria, sobre todo no terceiro ciclo.
Trátase de crear mediadores nas aulas do colexio, Os nenos voluntarios e escollidos polos seus compañeiros están formados para mediar nos conflitos do cotiá tanto dentro como fora das aulas.
Paréceme estupendo como de este modo traballamos nas aulas a resolución de conflitos, e conseguimos poñer nas mans dos nenos unhas ferramentas tan importantes na súa vida futura.

Aquí vos deixo o artigo que inclúe un vídeo moi interesante.

Espero que vos guste e vos deixe ideas para comezar a poñer en práctica iniciativas tan interesantes coma esta.

Feliz viaxe interespacial....





DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS



Despois de todas estas semanas traballando,  descubrindo todo este mundo das TIC, despois de sentirme afogada nesta forte marea de intencións, conseguín saír a flote para retornar o meu Universo. Non soa por suposto, as naves constantes das miñas profesoras, e os meus fillos, conseguiron sacarme en máis dunha ocasión dos buratos negros. 

É verdade que o tema intimídame, e moitas veces non me sento a altura de levar estes valores tan importantes nas nosas vidas, a os nosos nenos, pero despois de reflexionar sobre isto, acordeime de varias clases con: Manola, Liza, Valentín ou Juan Luis, onde falan claramente do noso papel de GUÍA, e a verdade é, que este papel, me vai máis apropiado, pois serán os nenos sen dúbida cun pouco de axuda, que antes de conta, guíen unha galaxia moito máis grande ca miña. Será gracias a eles que eu mesma aprenderei a facer crecer a miña galaxia e enchela de valores.

A idea pola que empecei non soamente este traballo de clase, senón máis precisamente esta carreira é o "tema"  que escollín tratar. "OS VALORES.  Cada pequena actividade feita, dende o Póster dixital, ata a Caza do tesouro, a traballei co firme propósito de levalas a cabo, imaxinándome os meus nenos, a aula, as sensacións, as emocións.... que estas actividades poderían desatar. Traballar os Valores, as emocións é algo que non podemos levar a un só conto, ou web, ou tableta, cal quer soporte quedase curto para este tema. Como algo tan básico e sinxelo, pode ter tintísima embergadura? a verdade é que resulta case máxico. 

Creo firmemente que trátase dun tema transversal, que debe ter o seu espazo propio, para min na materia de Titoría, pero sen caer no erro de pensar, que iso deba quedarse aí, se non o levamos transversalmente a tódalas materias e as nosas vidas e situación diarias, os nenos non poderán entendera a gran embargadura do seu significado. 
A pesar de isto o traballo ten que coller forma, un libro dixital, será finalmente o formato que vou intentar dar a este pequeno e sinxelo traballo. Será un libro de texto onde as actividades vanse desarrolar para darlle as ferramentas necesarias a cada neno para entender o funcionamento da súa propia galaxia é entender os diferentes valores que a poden formar, traballando cada un deles é a súa importancia nas situacións do seu cotiá.  Este libro será coma un guía na clase de tutoría
O título será, proxecto NUVU, facendo un pequeno chisco a NASA, será un proxecto espacial do universo, onde a tecnoloxía (as TIC) irá da man cos nosos queridos valores. Que mellor alianza que ista?

A temporalización será o longo dun curso completo, intentando centrar o traballo de cada mes nun valor, e procurando que este valor se vexa reflexo nas outras signaturas do curso:

  • A decoración da clase, para cada mes co seu valor.
  • Lingua e Lengua traballando os textos, os ditados, a gramática co valor do mes.
  • Ciencias Naturais e Sociais : facendo traballos colaborativos que fagan resaltar as dificultades do traballo en equipo cos valores aprendidos. 
  • Educación Física: traballando as emocións que van tan unidas os valores.
  • En Música: levando a música a expresar tamén as diferentes emocións ligadas o valor do mes.
  • As matemáticas: complexo pero extensísima relación que explicarei mais en detalle nunha entrada en exclusiva para este tema. Pero como exemplo, traballar o amor as matemáticas, a disciplina, respectar as regras, do mesmo modo que as matemáticas as respectan nos seus teoremas...
  • Relixión: creo que vai da mano co tema e a súa aplicación nesta materia é moi sinxela.

Espero chegar a aportar unha pinga de valor neste mundo, e sementar esta paixón nos meus futuros nenos. Pois de pingas está feito o Universo.