sábado, 23 de abril de 2016

DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS



Despois de todas estas semanas traballando,  descubrindo todo este mundo das TIC, despois de sentirme afogada nesta forte marea de intencións, conseguín saír a flote para retornar o meu Universo. Non soa por suposto, as naves constantes das miñas profesoras, e os meus fillos, conseguiron sacarme en máis dunha ocasión dos buratos negros. 

É verdade que o tema intimídame, e moitas veces non me sento a altura de levar estes valores tan importantes nas nosas vidas, a os nosos nenos, pero despois de reflexionar sobre isto, acordeime de varias clases con: Manola, Liza, Valentín ou Juan Luis, onde falan claramente do noso papel de GUÍA, e a verdade é, que este papel, me vai máis apropiado, pois serán os nenos sen dúbida cun pouco de axuda, que antes de conta, guíen unha galaxia moito máis grande ca miña. Será gracias a eles que eu mesma aprenderei a facer crecer a miña galaxia e enchela de valores.

A idea pola que empecei non soamente este traballo de clase, senón máis precisamente esta carreira é o "tema"  que escollín tratar. "OS VALORES.  Cada pequena actividade feita, dende o Póster dixital, ata a Caza do tesouro, a traballei co firme propósito de levalas a cabo, imaxinándome os meus nenos, a aula, as sensacións, as emocións.... que estas actividades poderían desatar. Traballar os Valores, as emocións é algo que non podemos levar a un só conto, ou web, ou tableta, cal quer soporte quedase curto para este tema. Como algo tan básico e sinxelo, pode ter tintísima embergadura? a verdade é que resulta case máxico. 

Creo firmemente que trátase dun tema transversal, que debe ter o seu espazo propio, para min na materia de Titoría, pero sen caer no erro de pensar, que iso deba quedarse aí, se non o levamos transversalmente a tódalas materias e as nosas vidas e situación diarias, os nenos non poderán entendera a gran embargadura do seu significado. 
A pesar de isto o traballo ten que coller forma, un libro dixital, será finalmente o formato que vou intentar dar a este pequeno e sinxelo traballo. Será un libro de texto onde as actividades vanse desarrolar para darlle as ferramentas necesarias a cada neno para entender o funcionamento da súa propia galaxia é entender os diferentes valores que a poden formar, traballando cada un deles é a súa importancia nas situacións do seu cotiá.  Este libro será coma un guía na clase de tutoría
O título será, proxecto NUVU, facendo un pequeno chisco a NASA, será un proxecto espacial do universo, onde a tecnoloxía (as TIC) irá da man cos nosos queridos valores. Que mellor alianza que ista?

A temporalización será o longo dun curso completo, intentando centrar o traballo de cada mes nun valor, e procurando que este valor se vexa reflexo nas outras signaturas do curso:

  • A decoración da clase, para cada mes co seu valor.
  • Lingua e Lengua traballando os textos, os ditados, a gramática co valor do mes.
  • Ciencias Naturais e Sociais : facendo traballos colaborativos que fagan resaltar as dificultades do traballo en equipo cos valores aprendidos. 
  • Educación Física: traballando as emocións que van tan unidas os valores.
  • En Música: levando a música a expresar tamén as diferentes emocións ligadas o valor do mes.
  • As matemáticas: complexo pero extensísima relación que explicarei mais en detalle nunha entrada en exclusiva para este tema. Pero como exemplo, traballar o amor as matemáticas, a disciplina, respectar as regras, do mesmo modo que as matemáticas as respectan nos seus teoremas...
  • Relixión: creo que vai da mano co tema e a súa aplicación nesta materia é moi sinxela.

Espero chegar a aportar unha pinga de valor neste mundo, e sementar esta paixón nos meus futuros nenos. Pois de pingas está feito o Universo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario