domingo, 3 de abril de 2016

DIFICULTADE NA BUSQUEDA DE RECURSOS SOBRE OS VALORES

Hola astronautas:

Espero que esteades pasando un estupendo fin de semana a pesar dos chuzos de auga que están caendo.

Aproveito este fin de semana chuvioso, para indagar sobre os recursos existentes na web sobre a ensinanza transversal dos valores.
A verdade, é que está bastante complicado e non hai demasiados. Creo que sería interesante encontrar traballos cos valores, nas diferentes áreas curriculares de primaria. Porque non aproveitar moitos temas das materias de naturais ou sociais para traballar nas aulas e dende a casa os valores que están implícitos neles?. Porque non utilizar o inglés para facer debates e aprender vocabulario sobre estes temas?. Non estaría ben utilizar a clase de galego ou castelá para traballar fábulas ou contos con moral?...
Sé que a nosa lexislación contempla esta ensinanza, pero estase levando a cabo nos nosos colexios?. Porque custa tanto traballar isto?. Como se implican a s familias na educación dos valores no seus nen@s?
Como podedes observar son tantas as preguntas que me invaden e poucas as respostas que encontro na rede. A maioría dos escasos recursos atópanse en páxinas do continente americano, tanto EEUU, coma centro e sur América. Que fai esta diferencia?. Porque en Europa, máis concretamente no noso País?, E moito máis acentuado na nosa comunidade autónoma?
O 18 de febreiro, saía unha reportaxe na prensa sobre as estadísticas de acoso , é certo que na nosa comunidade os casos de acoso tiñan un porcentaxe menor, pero a min gustaríame saber cantas escolas están aplicando o protocolo de identificación e actuación para poder saber si de verdade os nosos nen@s o están sufrindo.








Dende a miña humilde opinión os resultados son mellores porque non indagamos, e ollos que non ven, corazón que non sinte. Estamos nunha comunidade autónoma cuns índices de inmigración moito menores, o que fai que temos menos conflito interraciais, ( estes son claramente visibles), pero que pasa co acoso sufrido por aqueles que son coma nós?, entre iguais? A nosa sociedade penso que non está disposta a recoñecer o malos e crueles que podemos chegar a ser.

.... Sinto a negatividade da entrada de hoxe, pero creo que non todo o que nos rodea e de fermosos colores, é que os buratos negros están por algo na nosa galaxia, temos que enfrontarnos a eles e demostrar que non lle temos medo, que somos capaces de mirarnos o espello e que si non nos gusta  o que vemos, temos a intelixencia humana de cambialo. Así que vos animo a tod@s a cambiar as cousas.
Ánimo compañeir@s de viaxe, entre tod@s, está claro que podemos!!

Ata pronto .... nunha nova viaxe

Ningún comentario:

Publicar un comentario