domingo, 24 de abril de 2016

VALORES E COMPAÑEIROS.

Ola Astronautas!!

Aquí vos deixo unha pequena actividade, para relacionar os valores a empregar para poder axudar os teus compañeiros da clase cando teñen algún problema. Moitas veces os nenos/as chegan a parecernos hasta malos coas súas actitudes fronte os problemas dos outros,,,, e a maior parte das respostas que escoitamos dos maiores e unha frase que a min faime dano as orellas: " Son nenos" "É cousa de nenos", e sen máis aí deixamos esta situación esperando que se resolva soa, pois síntoo, pero discrepo totalmente nisto, os nenos non simpatizan porque non saben como facelo, ou teñen moitas ocasións nas que non saben como arranxar os conflitos, e debemos ser nós, os que cando estamos ante estas situación lles mostremos os diferentes valores a empregar e como arranxar a situación. 
Espero que esta actividade que fixen con Educaplay vos guste.

Feliz domingo a todos





Ningún comentario:

Publicar un comentario