Esta entrada coma a precedente a fago para crear outra etiqueta do meu blog, "FERRAMENTAS TIC".
QUE SON AS TIC?
Son as novas tecnoloxías da información e da comunicación. Son unha ferramenta moi importante nos nosos días, pois xa forma parte da maioría de sectores: a nosa vida privada, a educación, a administración pública, a saúde, o periodismo, a robótica.....
PARA QUE SERVEN AS TIC?
1. Inmaterialidade. Esta dixitalización, permítenos dispor dunha información inmaterial, agora xa podemos almacenar grandes cantidades en pequenos soportes ou acceder a información que se atopa en dispositivos moi lonxanos.
2. Instantaneidade. Podemos conseguir esta información e comunicarnos instantaneamente a pesar de encontrarnos a quilómetros da fonte orixinal.
3. Interactividade. As novas TIC se caracterizan por permitir unha comunicación bidireccional, entre persoas ou grupos sen importar onde se encontren. Esta comunicación realizase a través de páxinas web, correos electrónicos, foros, mensaxe instantánea, videoconferencias, blogs ou wikis entre outros sistemas.
4. Automatización das tarefas. As TIC han facilitado moitos dos aspectos da nosa vida. Coa automatización das tarefas, podemos, por exemplo, programar actividades que realizaran automaticamente os ordenadores con total seguridade e efectividade.
Dende o meu punto de vista trátase dun apartado moi interesante pois, neles imos descubrir e analizar novas ferramentas que poidamos utilizar para educar en valores os nosos nen@s. Imos ver como utilizalas e como sacarlle o máximo rendemento.
Espero que vos gusten.
Un saudiño da profe de valores universais.
Ata pronto ....

Ningún comentario:
Publicar un comentario