martes, 29 de marzo de 2016

PÓSTER DIXITAL.

HOLA ASTRONAUTAS:

Aquí me tedes de novo, despois de levar traballando varias semanas no meu póster dixital. A verdade é que non o daba acabado, sempre contantas cousas na cabeza e mil cousas empezadas, pero por fin o teño listo.

poster dixital universo de valores





<iframe src="http://edu.glogster.com//glog/49006620" width="650" height="480" frameborder="0" scrolling="no" marginheight="0" marginwidth="0" style="overflow: hidden;"></iframe>


















Trátase dun póster con oito planetas, cada un deles ligado a un valor. A idea e traballar un valor cada mes na aula e na casa, centrando diferentes actividades que podamos facer cos nenos a ise valor en concreto.

As pequenas naves espaciais nos levan a diferentes xogos para os nenos que tratar algún de ises valores.
Os planetas polo contrario nos levarán o clicar a páxinas web que traballan ise valor con actividades para facer cos nen@s na aula o na casa, contos para poder leer na casa polas noites o videos de debuxos que van tratar ise valor.

Espero que vos guste.

UN saudiño dende unha lonxana galaxia.

a profe de valores.

sábado, 26 de marzo de 2016

O CIBER ACOSO NOS NOSOS NENOS DE PRIMARIA

Hola Astronautas, déixovos a infografía dun caso de ciberacoso, feita para unha das miñas clases.
Paréceme tremendamente interesante ver a problemática que temos hoxe en día,  ante un problema, que si non cambiamos a nosa forma de ensinar os valores dende un eixo transversal, non deixaremos de ver crecer.
Os valores dos que tanto vos falo, son tremendamente necesarios, e o traballo en equipo entre o colexio e a familia e indispensable niste caso. O colexio pode ocuparse de ensinar a multiplicar ou escribir os nosos nen@s e a nosa aportación non será necesaria, pero cando falamos de valores a cousa se complica, pois as familias por si soas non poden facelo todo, e está claro que o colexio tampouco. A comunión das dúas partes faise indispensable e obrigatoria o que nos leva a prantexar unha ensinanza onde a familia e a escola conviven xuntas, son aliadas e non inimigas, son comprices e non acusatorias. Por iso, vos deixo isto,  unha pequena reflexión a situación da nosa educación e da nosa sociedade e sobre todo unha reflexión interna a nós mesmos.

Cun guiño vos deixo para seguir navegando, ista vez polo meu universo máis interno.

INFOGRAFÍA CIBERACOSO



CREANDO OS NOSOS XOGOS GALACTICOS

Ola a tod@s!!!
Como estades meus queridos astronautas?
 Eu moi ben, pasando unhas fermosas festas de Semana Santa, os meus nenos están cos seus avós e primos e eu aproveito para perderme no mundo das Tic, e de como utilizalas no mundo dos valores e dos nen@s.
Hoxe estou moi contenta, pois despois de unhas cantas horas somerxida no ordenador, atopeime cunha páxina:   SCRATCH,   a verdade é, que está xenial, inda que para utilizala haxa que verse o menos 2 ou 3  TUTORIAIS, pero unha vez vistos, todo consiste en poñelas mans a obra, ir probando e entrando en xogos feitos por outros usuarios, para sacar de alí programacións de base xa feitas.
Creo que este programa, é unha ferramenta estupenda para traballar con nenos e nenas de infantil ou de primaria, pois pode chegar a ser moi visual, é dinámico, sendo nós os mestres/mestras ou pais/nais os creadores de todo tipo de xogos.
Pode utilizarse tamén para facer historietas ou contos virtuais, e incluso os nenos poden participar dando ideas de como facer o desenvolvemento do conto ou do xogo.... Eu vos animo a que entredes polo menos para ver en que consiste e seguro que vos enganchades coma min.
Feliz Fin de semana..... E ata pronto nunha nova galaxia



luns, 21 de marzo de 2016

OS PUZLES INTERACTIVOS.

Hola a tod@s!
Espero que estedes pasando unhas boas festas de Seman Santa.
Eu vos presento hoxe un novo recurso que acabo de facer. Trátase dun puzzle creado a partir das definicións dos valores que considero máis importantes para os nen@s de primaria de terceiro ciclo. O ter que buscar no puzzle as pezas para completar a definición os nenos teñen que ser máis conscientes do seu significado.
O feito de que se lles contabilice o tempo e podan entrar nun ranking fai o xogo máis interesante e unha razón de máis, para que queran repetilo máis veces afianzando por riba o concepto.
E decidido traballar valores coma o respeto, a tolerancia, a solidaridade, pois creo que deberían estar presentes máis amiudo na nosa sociedade, os nenos poden aplicala e levala moi facilmente o seu terreo, o patio, a aula, o parque, cos amigos, cos que non son tan amigos.
Moitos dos casos de acoso escolar que nos encontramos nos colexios, veñen pola falta destes valores no cotiá, Se os traballamos un pouco mási amiudo e observamos como os nosos nenos os levan, ou non,  a práctica na hora do recreo poderemos axudarlles moito máis a resolución dos conflictos de maneira máis productiva e menos destructiva.
Fagamos a nosa educación máis GLOBAL,  máis HOLÍSTICA e hoxe máis que nunca esto é máis fácil gracias as TIC, os múltiples recursos fan que podamos abordar un tema , ou concepto desde moitísimos ángulos, e de moitisimas maneiras facendo incluso os aprendizaxes moitisimo máis lúdicos. Xuntemos as pezas entre todos para recuperar os valores perdidos.




http://www.puzzlesjunior.com/desafio-puzzle-de-valores-desordenados_56f04734692be.html

Bueno.... Espero que vos guste e non dubidedes en probalo.

Un saúdo Astronautas, ata pronto nun novo planeta.




luns, 14 de marzo de 2016

CAZA DO TESOURO. OS VALORES VALEN?



Boas de novo a tod@s:


Hoxe vos traio unha ferramenta de traballo que dende o meu punto de vista é moi interesante.

Trátase dunha caza do tesouro para reforzar os valores dos nen@s, o mesmo tempo que permite os pais, nais e os titores, ver como se desenvolven as relacións dos nenos na casa e na escola. Permite nos observar os problemas que poden estar presentes entre eles e que moitas veces por medo non contan.

O acoso escolar tan presente hoxe en día, e tan difícil de detectar nalgunhas ocasións.

Ista Caza do tesouro debémola facer cos nenos en grupo, adoptando diferentes roles para ver os diferentes puntos de vista dun mesmo problema, isto permitirá o mestre detectar algúns problemas da aula, e a inseguridade que lles produce os nenos a falta distes valores no seu cotiá. Por outro lado os nen@s, permítelles ver  o difícil que é ser mestre por exemplo cando todos están falando.

Aquí vos deixo o acceso o recurso


http://laprofedevaloresun.wix.com/misitio

mércores, 2 de marzo de 2016

REFLEXIÓN SOBRE OS RECURSOS

Ola astronautas, aquí estamos de novo para navegar polo Universo en busca de TIC.

Hoxe vou facer unha reflexión sobre os recursos encontrados para iniciarme no tema  dos Valores.
A verdade é que tratase dun tema onde hai moito que facer aínda, os recursos non son moitos, polo menos en canto a recursos propios sobre a educación en Valores, imaxino que vai en paralelo o pouco uso que aínda se lle da na nosa sociedade. Sen embargo podemos encontralos implícitos noutros recursos, como contos para nenos e nenas para traballar a lectura e a comprensión, que o mesmo tempo falan dalgún valor , póñovos como exemplo unha aplicación para tabletas que tanto a min como a miña filla encantounos : "UN DESEO POR NAVIDAD" (by Smile & Learn ).
Tamén encontramos algunhas web de ONGS que falan de esta temática, presentando os seus programas pedagóxicos interactivos, como por exemplo Aldeas Infantís, co seu "ABRAZA TUS VALORES 2015", déixovos o link por si vos apetece ollar isto, creo que ten preciosos xogos colaborativos e moi enriquecedores tanto para nenos coma para adulto:  http://goo.gl/uaJbNC
Nos recursos presentados nos apuntes do proxecto, a verdade é que non encontrei moito, sobre o tema escollido, o que máis se encontra, son blogues que falan da súa importancia tanto nas familias como nas escolas, polo contrario si que tiñan moita información sobre a creación da web, e recursos para axudar o desenvolvemento dos recursos propios.
Un dos poucos recursos interesantes para os nenos e nenas que encontrei foi en Educalandia:"http://www.educalandia.net/, nada especifico e concreto para min, pero moitas ideas para intentar adaptar a miña temática en proxectos futuros.
Outro punto que me sorprendeu foron a cantidade de links a recursos que xa non estaban en funcionamento ou pequenos xogos que se colgaban e non funcionaban correctamente.
Bo,  en definitiva estamos ante un tema moi amplo, pero con moi poucos recursos, ademais de non ter demasiada calidade, e por riba os que hai, están enfocados moito máis a secundaria e bachillerato que  a os nosos pequenos astronautas de primaria.
Temos polo tanto un gran traballo por diante e seguiremos buscando neste enorme Universo, quizás inda non din co meu PLANETA, así que con presa pero sen pausa, poño en marcha a miña nave esperando encontrarme cunha choiva de meteoritos cargadiños de valores  .
Se coñecedes o vos topades con algún distes valores nas TIC, non dubidedes en contarnos o seu emprazamento, pois estaremos encantados de facerlle unha visita.

Ata outra astronautas ......





PRESENTANDO O MEU UNIVERSO

Saúdos a tod@s ,


Hoxe fago a miña primeira entrada, así que gustaríame explicar un pouco de que vai todo isto....
Tratase de un Blog para a búsquea e desenvolvemento das TIC, como axuda na educación dos nenos e nenas de primaria, NOS EIXES TRANSVERSAIS, en materia de VALORES.
Creo firmemente que este é un tema de gran interese, para os educadores, futuros mestres, familias e sobre todo para os nosos principais protagonistas os RAPACES.

Os eixes transversais están fortemente vinculados coas estratexias de innovación, na participación educativa, por iso creo que o uso das TIC é fundamental, pois estamos nun campo privilexiado onde está case todo por facer, constitúen un campo de experimentación onde as Novas Tecnoloxías, poden sacar o seu mellor lado.

Estes eixos contribúen a formación equilibrada da personalidade, inculcando Valores, respecto os dereitos humanos, e a outras culturas, ó desenvolvemento de hábitos que pelexan contra o consumismo desaforado e por tanto elimina as discriminacións existentes por razón de sexo , ou pola pertenza a unha minoría étnica. Para logralo hai que acompañar a estes eixos transversais de metodoloxías ( as TIC, no noso caso) para convertelas en instrumentos útiles e operativos que leven ós nosos rapaces a vivir unha vida plena, e facer de este mundo un lugar mellor.

Espero que este tema vos guste tanto coma min, pero sobre todo que o apliquedes no voso día a día. E que esta viaxe o interior do Universo de Valores sexa toda unha aventura.




Ata pronto, nalgún planeta lonxano....

a profe de valores universais