sábado, 26 de marzo de 2016

O CIBER ACOSO NOS NOSOS NENOS DE PRIMARIA

Hola Astronautas, déixovos a infografía dun caso de ciberacoso, feita para unha das miñas clases.
Paréceme tremendamente interesante ver a problemática que temos hoxe en día,  ante un problema, que si non cambiamos a nosa forma de ensinar os valores dende un eixo transversal, non deixaremos de ver crecer.
Os valores dos que tanto vos falo, son tremendamente necesarios, e o traballo en equipo entre o colexio e a familia e indispensable niste caso. O colexio pode ocuparse de ensinar a multiplicar ou escribir os nosos nen@s e a nosa aportación non será necesaria, pero cando falamos de valores a cousa se complica, pois as familias por si soas non poden facelo todo, e está claro que o colexio tampouco. A comunión das dúas partes faise indispensable e obrigatoria o que nos leva a prantexar unha ensinanza onde a familia e a escola conviven xuntas, son aliadas e non inimigas, son comprices e non acusatorias. Por iso, vos deixo isto,  unha pequena reflexión a situación da nosa educación e da nosa sociedade e sobre todo unha reflexión interna a nós mesmos.

Cun guiño vos deixo para seguir navegando, ista vez polo meu universo máis interno.

INFOGRAFÍA CIBERACOSO



Ningún comentario:

Publicar un comentario