Ola astronautas, aquí estamos de novo para navegar polo Universo en busca de TIC.
Hoxe vou facer unha reflexión sobre os recursos encontrados para iniciarme no tema dos Valores.
A verdade é que tratase dun tema onde hai moito que facer aínda, os recursos non son moitos, polo menos en canto a recursos propios sobre a educación en Valores, imaxino que vai en paralelo o pouco uso que aínda se lle da na nosa sociedade. Sen embargo podemos encontralos implícitos noutros recursos, como contos para nenos e nenas para traballar a lectura e a comprensión, que o mesmo tempo falan dalgún valor , póñovos como exemplo unha aplicación para tabletas que tanto a min como a miña filla encantounos : "UN DESEO POR NAVIDAD" (by Smile & Learn ).
Tamén encontramos algunhas web de ONGS que falan de esta temática, presentando os seus programas pedagóxicos interactivos, como por exemplo Aldeas Infantís, co seu "ABRAZA TUS VALORES 2015", déixovos o link por si vos apetece ollar isto, creo que ten preciosos xogos colaborativos e moi enriquecedores tanto para nenos coma para adulto: http://goo.gl/uaJbNC
Nos recursos presentados nos apuntes do proxecto, a verdade é que non encontrei moito, sobre o tema escollido, o que máis se encontra, son blogues que falan da súa importancia tanto nas familias como nas escolas, polo contrario si que tiñan moita información sobre a creación da web, e recursos para axudar o desenvolvemento dos recursos propios.
Un dos poucos recursos interesantes para os nenos e nenas que encontrei foi en Educalandia:"http://www.educalandia.net/, nada especifico e concreto para min, pero moitas ideas para intentar adaptar a miña temática en proxectos futuros.
Outro punto que me sorprendeu foron a cantidade de links a recursos que xa non estaban en funcionamento ou pequenos xogos que se colgaban e non funcionaban correctamente.
Bo, en definitiva estamos ante un tema moi amplo, pero con moi poucos recursos, ademais de non ter demasiada calidade, e por riba os que hai, están enfocados moito máis a secundaria e bachillerato que a os nosos pequenos astronautas de primaria.
Temos polo tanto un gran traballo por diante e seguiremos buscando neste enorme Universo, quizás inda non din co meu PLANETA, así que con presa pero sen pausa, poño en marcha a miña nave esperando encontrarme cunha choiva de meteoritos cargadiños de valores .
Se coñecedes o vos topades con algún distes valores nas TIC, non dubidedes en contarnos o seu emprazamento, pois estaremos encantados de facerlle unha visita.
Ata outra astronautas ......
Blog coa finalidade de traer os valores nas aulas, e introducilas no resto das materias. Está destinado a mestres, mestras, pais e nais, para traballar con nenos e nenas de primaria para que dunha forma interactiva e divertida introduzan os valores no seu día día, tanto da escola como na familia
Etiquetas
- EXPERIENCIAS PRÁCTICAS (4)
- FERRAMENTAS TIC (2)
- NATACHA LÓPEZ DEL RÍO (22)
- RECURSOS PARA A AULA (11)
- REFLEXIONES TEÓRICAS (6)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario