Ola a tod@s!!!
Como estades meus queridos astronautas?
Eu moi ben, pasando unhas fermosas festas de Semana Santa, os meus nenos están cos seus avós e primos e eu aproveito para perderme no mundo das Tic, e de como utilizalas no mundo dos valores e dos nen@s.
Hoxe estou moi contenta, pois despois de unhas cantas horas somerxida no ordenador, atopeime cunha páxina: SCRATCH, a verdade é, que está xenial, inda que para utilizala haxa que verse o menos 2 ou 3 TUTORIAIS, pero unha vez vistos, todo consiste en poñelas mans a obra, ir probando e entrando en xogos feitos por outros usuarios, para sacar de alí programacións de base xa feitas.
Creo que este programa, é unha ferramenta estupenda para traballar con nenos e nenas de infantil ou de primaria, pois pode chegar a ser moi visual, é dinámico, sendo nós os mestres/mestras ou pais/nais os creadores de todo tipo de xogos.
Pode utilizarse tamén para facer historietas ou contos virtuais, e incluso os nenos poden participar dando ideas de como facer o desenvolvemento do conto ou do xogo.... Eu vos animo a que entredes polo menos para ver en que consiste e seguro que vos enganchades coma min.
Feliz Fin de semana..... E ata pronto nunha nova galaxia
Blog coa finalidade de traer os valores nas aulas, e introducilas no resto das materias. Está destinado a mestres, mestras, pais e nais, para traballar con nenos e nenas de primaria para que dunha forma interactiva e divertida introduzan os valores no seu día día, tanto da escola como na familia
Etiquetas
- EXPERIENCIAS PRÁCTICAS (4)
- FERRAMENTAS TIC (2)
- NATACHA LÓPEZ DEL RÍO (22)
- RECURSOS PARA A AULA (11)
- REFLEXIONES TEÓRICAS (6)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario