luns, 21 de marzo de 2016

OS PUZLES INTERACTIVOS.

Hola a tod@s!
Espero que estedes pasando unhas boas festas de Seman Santa.
Eu vos presento hoxe un novo recurso que acabo de facer. Trátase dun puzzle creado a partir das definicións dos valores que considero máis importantes para os nen@s de primaria de terceiro ciclo. O ter que buscar no puzzle as pezas para completar a definición os nenos teñen que ser máis conscientes do seu significado.
O feito de que se lles contabilice o tempo e podan entrar nun ranking fai o xogo máis interesante e unha razón de máis, para que queran repetilo máis veces afianzando por riba o concepto.
E decidido traballar valores coma o respeto, a tolerancia, a solidaridade, pois creo que deberían estar presentes máis amiudo na nosa sociedade, os nenos poden aplicala e levala moi facilmente o seu terreo, o patio, a aula, o parque, cos amigos, cos que non son tan amigos.
Moitos dos casos de acoso escolar que nos encontramos nos colexios, veñen pola falta destes valores no cotiá, Se os traballamos un pouco mási amiudo e observamos como os nosos nenos os levan, ou non,  a práctica na hora do recreo poderemos axudarlles moito máis a resolución dos conflictos de maneira máis productiva e menos destructiva.
Fagamos a nosa educación máis GLOBAL,  máis HOLÍSTICA e hoxe máis que nunca esto é máis fácil gracias as TIC, os múltiples recursos fan que podamos abordar un tema , ou concepto desde moitísimos ángulos, e de moitisimas maneiras facendo incluso os aprendizaxes moitisimo máis lúdicos. Xuntemos as pezas entre todos para recuperar os valores perdidos.




http://www.puzzlesjunior.com/desafio-puzzle-de-valores-desordenados_56f04734692be.html

Bueno.... Espero que vos guste e non dubidedes en probalo.

Un saúdo Astronautas, ata pronto nun novo planeta.




Ningún comentario:

Publicar un comentario