mércores, 2 de marzo de 2016

PRESENTANDO O MEU UNIVERSO

Saúdos a tod@s ,


Hoxe fago a miña primeira entrada, así que gustaríame explicar un pouco de que vai todo isto....
Tratase de un Blog para a búsquea e desenvolvemento das TIC, como axuda na educación dos nenos e nenas de primaria, NOS EIXES TRANSVERSAIS, en materia de VALORES.
Creo firmemente que este é un tema de gran interese, para os educadores, futuros mestres, familias e sobre todo para os nosos principais protagonistas os RAPACES.

Os eixes transversais están fortemente vinculados coas estratexias de innovación, na participación educativa, por iso creo que o uso das TIC é fundamental, pois estamos nun campo privilexiado onde está case todo por facer, constitúen un campo de experimentación onde as Novas Tecnoloxías, poden sacar o seu mellor lado.

Estes eixos contribúen a formación equilibrada da personalidade, inculcando Valores, respecto os dereitos humanos, e a outras culturas, ó desenvolvemento de hábitos que pelexan contra o consumismo desaforado e por tanto elimina as discriminacións existentes por razón de sexo , ou pola pertenza a unha minoría étnica. Para logralo hai que acompañar a estes eixos transversais de metodoloxías ( as TIC, no noso caso) para convertelas en instrumentos útiles e operativos que leven ós nosos rapaces a vivir unha vida plena, e facer de este mundo un lugar mellor.

Espero que este tema vos guste tanto coma min, pero sobre todo que o apliquedes no voso día a día. E que esta viaxe o interior do Universo de Valores sexa toda unha aventura.




Ata pronto, nalgún planeta lonxano....

a profe de valores universais

Ningún comentario:

Publicar un comentario