venres, 6 de maio de 2016

PROXECTO NUVU

Hola Astronautas.... Aquí vos deixo o meu e-book.

Despois de tanto traballo, durante este semestre, esto chega ao seu fin, polo menos desta primeira etapa... pero non pensedes, que vos podedes librar tan fácilmente de min, esto soamente é o primeiro capitulo dunha enorme saga, "A Guerra das Galaxias" non será nada o lado de ata onde imos chegar, así que preparadevos para continuar a aventura.

Quero aproveitar para dar as gracias a Manola e Beatriz, pola enorme axuda prestada, sen elas este pequeno proxecto non sería posible, agora correspondeme facelo crecer coa axuda de todos.

Gracias a todos os compañeiros que pacientemente  me axudaron a integrarme de novo na Universidade, pois coa miña idade xa non é tan sinxelo, gracias Maria, Sara, Ana e Paula.

Gracias os meus nenos, Yago, Nacho e Mencia, por motivarme cada día onde este novo proxecto me parece tan difícil de compaxinar co meu traballo e a miña familia. Polas súas participacións  e ideas no Blog e ser os meus pequenos coellos de Indias.

Por último gracias a Anthony o meu amor, que pacientemente me sigue nas miñas tolas ideas, dándome moito ánimo nos momentos difíciles.

Un bico a todos

 resultado final.


QUE O DISFRUTEDES!



INFORME DO PROXECTO NUVU


Ola Astronautas!

Aquí vos deixo o informe do meu proxecto.

Espero qur vos guste, e que a alguén lle sirva.

Un bico


INFORME DO PROXECTO NUVU




luns, 25 de abril de 2016

video de presentación


Ola Astronautas!!!

Aquí vos deixo a presentación do meu equipo para que poidades poñer cara a tanta parrafada.







domingo, 24 de abril de 2016

VIDEO QUIZ.... DESCUBRINDO VALORES

Ola Astronautas!

Aquí vos deixo o video Quiz, feito con Educaplay, para traballar os valores na aula.
Espero que vos guste.....


VALORES E COMPAÑEIROS.

Ola Astronautas!!

Aquí vos deixo unha pequena actividade, para relacionar os valores a empregar para poder axudar os teus compañeiros da clase cando teñen algún problema. Moitas veces os nenos/as chegan a parecernos hasta malos coas súas actitudes fronte os problemas dos outros,,,, e a maior parte das respostas que escoitamos dos maiores e unha frase que a min faime dano as orellas: " Son nenos" "É cousa de nenos", e sen máis aí deixamos esta situación esperando que se resolva soa, pois síntoo, pero discrepo totalmente nisto, os nenos non simpatizan porque non saben como facelo, ou teñen moitas ocasións nas que non saben como arranxar os conflitos, e debemos ser nós, os que cando estamos ante estas situación lles mostremos os diferentes valores a empregar e como arranxar a situación. 
Espero que esta actividade que fixen con Educaplay vos guste.

Feliz domingo a todos





sábado, 23 de abril de 2016

CHAVALES QUE ATAJAN EL ACOSO DE RAÍZ

Ola Astronautas....

Hoxe vos traio un artigo de prensa que saíu esta semana no xornal EL PAIS.
Paréceme unha iniciativa estupenda para tratar os problemas de acoso, e paréceme que sería moi sinxelo poder poñelo en marcha nas aulas de Primaria, sobre todo no terceiro ciclo.
Trátase de crear mediadores nas aulas do colexio, Os nenos voluntarios e escollidos polos seus compañeiros están formados para mediar nos conflitos do cotiá tanto dentro como fora das aulas.
Paréceme estupendo como de este modo traballamos nas aulas a resolución de conflitos, e conseguimos poñer nas mans dos nenos unhas ferramentas tan importantes na súa vida futura.

Aquí vos deixo o artigo que inclúe un vídeo moi interesante.

Espero que vos guste e vos deixe ideas para comezar a poñer en práctica iniciativas tan interesantes coma esta.

Feliz viaxe interespacial....





DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS



Despois de todas estas semanas traballando,  descubrindo todo este mundo das TIC, despois de sentirme afogada nesta forte marea de intencións, conseguín saír a flote para retornar o meu Universo. Non soa por suposto, as naves constantes das miñas profesoras, e os meus fillos, conseguiron sacarme en máis dunha ocasión dos buratos negros. 

É verdade que o tema intimídame, e moitas veces non me sento a altura de levar estes valores tan importantes nas nosas vidas, a os nosos nenos, pero despois de reflexionar sobre isto, acordeime de varias clases con: Manola, Liza, Valentín ou Juan Luis, onde falan claramente do noso papel de GUÍA, e a verdade é, que este papel, me vai máis apropiado, pois serán os nenos sen dúbida cun pouco de axuda, que antes de conta, guíen unha galaxia moito máis grande ca miña. Será gracias a eles que eu mesma aprenderei a facer crecer a miña galaxia e enchela de valores.

A idea pola que empecei non soamente este traballo de clase, senón máis precisamente esta carreira é o "tema"  que escollín tratar. "OS VALORES.  Cada pequena actividade feita, dende o Póster dixital, ata a Caza do tesouro, a traballei co firme propósito de levalas a cabo, imaxinándome os meus nenos, a aula, as sensacións, as emocións.... que estas actividades poderían desatar. Traballar os Valores, as emocións é algo que non podemos levar a un só conto, ou web, ou tableta, cal quer soporte quedase curto para este tema. Como algo tan básico e sinxelo, pode ter tintísima embergadura? a verdade é que resulta case máxico. 

Creo firmemente que trátase dun tema transversal, que debe ter o seu espazo propio, para min na materia de Titoría, pero sen caer no erro de pensar, que iso deba quedarse aí, se non o levamos transversalmente a tódalas materias e as nosas vidas e situación diarias, os nenos non poderán entendera a gran embargadura do seu significado. 
A pesar de isto o traballo ten que coller forma, un libro dixital, será finalmente o formato que vou intentar dar a este pequeno e sinxelo traballo. Será un libro de texto onde as actividades vanse desarrolar para darlle as ferramentas necesarias a cada neno para entender o funcionamento da súa propia galaxia é entender os diferentes valores que a poden formar, traballando cada un deles é a súa importancia nas situacións do seu cotiá.  Este libro será coma un guía na clase de tutoría
O título será, proxecto NUVU, facendo un pequeno chisco a NASA, será un proxecto espacial do universo, onde a tecnoloxía (as TIC) irá da man cos nosos queridos valores. Que mellor alianza que ista?

A temporalización será o longo dun curso completo, intentando centrar o traballo de cada mes nun valor, e procurando que este valor se vexa reflexo nas outras signaturas do curso:

  • A decoración da clase, para cada mes co seu valor.
  • Lingua e Lengua traballando os textos, os ditados, a gramática co valor do mes.
  • Ciencias Naturais e Sociais : facendo traballos colaborativos que fagan resaltar as dificultades do traballo en equipo cos valores aprendidos. 
  • Educación Física: traballando as emocións que van tan unidas os valores.
  • En Música: levando a música a expresar tamén as diferentes emocións ligadas o valor do mes.
  • As matemáticas: complexo pero extensísima relación que explicarei mais en detalle nunha entrada en exclusiva para este tema. Pero como exemplo, traballar o amor as matemáticas, a disciplina, respectar as regras, do mesmo modo que as matemáticas as respectan nos seus teoremas...
  • Relixión: creo que vai da mano co tema e a súa aplicación nesta materia é moi sinxela.

Espero chegar a aportar unha pinga de valor neste mundo, e sementar esta paixón nos meus futuros nenos. Pois de pingas está feito o Universo.

luns, 4 de abril de 2016

FRASES QUE FIXERON HISTORIA SOBRE VALORES

Queridos astronautas.... Neste exercicio para a aula, a idea e utilizalo para que os nenos fagan investigación en internet gracias as pistas. Así o exercicio e moito más interactivo. Así que a navegar!

EXERCICIO DE RELACIONAR FEITO CON HOT POTATOES

Astronautas... aquí vos deixo un exercicio para relacionar os valor cos antivalores. Tamén está feito co recurso TIC de hotpotatoes "JMatch" Espero que vos guste.

CRUCIGRAMA "FALANDO DE VALORES"

Aquí vos deixo Astronautas,,,, Un cruce de palabras, para traballar os valores e as súas definicións.

domingo, 3 de abril de 2016

VIÑETA "OS VALORES DO SÉCULO XXI"


Ola Astronautas:

Aquí vos deixo unha viñeta que demostra, dende o miña humilde opinión que a educación en valores e cada día máis importante. A nosa sociedade, está perdendo o norte a hora de educar en valores. 


A maioría dos  programas que encontramos na televisión, demostra xa, o gusto que amosamos por saber dos problemas dos outros, coma se iso fixera desaparecer os nosos propios problemas. Os ídolos da nosa xuventude, dos nosos nen@s, están marcados polo diñeiro e a fama, en lugar dós méritos e a intelixencia.

O traballo, o esforzo, a solidariedade, habémolas cambiado pola competitividade, as beneficios e as trampas....
Cando un neno non pega, é que non sabe defenderse.
Cando un neno pide axuda, está a acusar.
Cando un neno xoga e demasiado infantil.
Cando un neno pide permiso por todo na escola trátase dun pelota...
Cando un mestre chama a atención a un nen@, entón fai mal o seu traballo.
Cando un pai da autonomía o seu fillo e un pai cruel e despreocupado.
Si nun restaurante as familias non están inmersas cada un no seu móbil, é que non teñen unha vida social.

Neste novo mundo eu encóntrome desorientada, perdida, e creo que é fundamental volver a encontrar os valores universais, para darlle os nosos nen@s novas directrices e valores que lles serven de compás para avanzar na súa vida, e encontrar de novo o "NORTE"

Espero de todo corazón que estas reflexións vos gusten e nos fagan reflexionar sobre a importancia de que os nosos nen@s souberan de verdade como é todo e como  debería funcionar o noso mundo.



Neste novo mundo eu encontrome desorientada, perdida, e creo que é fundamental volver a encontrar os valores universais, para darlle os nosos nen@s novas directrices e valores que lles servan de compás para avanzar na súa vida, e encontrar de novo o "NORTE"

Espero de todo corazón que istas reflexións vos gusten e nos fagan reflexionar sobre a importancia de que os nosos nen@s sepan de verdade como é todo e como  debería funcionar o noso mundo.

Ata outra.... meus queridos astronautas.








TEST PARA DETECTAR O ACOSO ESCOLAR NAS AULAS

Ola Astronautas:

Temos aquí, un enlace cunha ferramenta TIC, proposta pola comunidade de Madrid,  nesta comunidade a proba e gratuíta para tódolos centros educativos, para o resto temos unha proba gratis e despois un prezo de 2€ por test que queiramos utilizar nun aula ( para todo o grupo de alumnos).
Dende a miña opinión, o prezo e simbólico, e que se o quixeramos instaurar como protocolo de actuación, sería fácil conseguir algún tipo de axuda.
Eu fixen unha proba e a verdade é que está moi ben. Cando nos rexistramos nos adxudican un código para que introduzan os nen@s e unha vez que o temos feitos, podemos xerar o informe do mesmo.

Dende o meu punto de vista e unha ferramenta que tódalas aulas deberían utilizar unha vez por trimestre para aproveitar e falar dos valores na clase, facer algún debate e rematar co test.

Espero que todos encontredes esta ferramenta útil.

Feliz viaxe o corazón da vosa clase!


TEST PARA DETECTAR O ACOSO ESCOLAR NA AULA


XOGO ELABORADO EN SCRATCH "BUSCANDO OS VALORES"

Ola amigos astronautas:

Hoxe vos traio un xogo que estou elaborando coa ferramenta SCRATCH, espero que vos guste. Inda faltaría solucionar un par de problemas que teño coas puntuacións, o xenial de esta ferramenta é que todos podedes entrar na programación que eu fixen, e facer cambios, melloras... nun novo arquivo.
Así que vos animo a probalo, e a que comentedes con toda sinceridade a vosa opinión. O obxectivo e traballar entre todos para conseguir novas ferramentas que podamos introducir nas nosas aulas ou fogares para ensinar de unha forma lúdica para chamar a atención dos nosos protagonistas.

Aquí vos deixo a Tera, a protagonista do noso xogo, ela será a encargada de guiarvos o longo da aventura para que consigades os valores tan necesarios no noso planeta.

Un saúdo a tod@s.

a profe de valores universais.

ETIQUETA "FERRAMENTAS TIC"

Ola astronautas:

Esta entrada coma a precedente a fago para crear outra etiqueta do meu blog, "FERRAMENTAS TIC".

QUE SON AS TIC? 

Son as novas tecnoloxías da información e da comunicación. Son unha ferramenta moi importante nos nosos días, pois xa forma parte da maioría de sectores: a nosa vida privada, a educación, a administración pública, a saúde, o periodismo, a robótica.....





PARA QUE SERVEN AS TIC?

1. Inmaterialidade. Esta dixitalización, permítenos dispor dunha información inmaterial, agora xa podemos almacenar grandes cantidades en pequenos soportes ou acceder a información que se atopa en dispositivos moi lonxanos.

2. Instantaneidade. Podemos conseguir esta información e comunicarnos instantaneamente a pesar de encontrarnos a quilómetros da fonte orixinal.

3. Interactividade. As novas TIC se caracterizan por permitir unha comunicación bidireccional, entre persoas ou grupos sen importar onde se encontren. Esta comunicación realizase a través de páxinas web, correos electrónicos, foros, mensaxe instantánea, videoconferencias, blogs ou wikis entre outros sistemas.

4. Automatización das tarefas. As TIC han facilitado moitos dos aspectos da nosa vida. Coa automatización das tarefas,  podemos, por exemplo, programar actividades que realizaran automaticamente os ordenadores con total seguridade e efectividade.

Dende o meu punto de vista trátase dun apartado moi interesante pois, neles imos descubrir e analizar novas ferramentas que poidamos utilizar para educar en valores os nosos nen@s.  Imos ver como utilizalas e como sacarlle o máximo rendemento.

Espero que vos gusten.

Un saudiño da profe de valores universais.

Ata pronto ....

CREACIÓN DA ETIQUETA "EXPERIENCIAS PRÁCTICAS"

Ola a tod@s,

Fago esta entrada para poder crear a etiqueta de traballo "EXPERIENCIAS PRÁCTICAS"

Espero poder ir introducindo entradas interesantes para todos vos, nesta etiqueta.

Sen máis despídome cunha forte aperta.....

A profe de valores universais

DIFICULTADE NA BUSQUEDA DE RECURSOS SOBRE OS VALORES

Hola astronautas:

Espero que esteades pasando un estupendo fin de semana a pesar dos chuzos de auga que están caendo.

Aproveito este fin de semana chuvioso, para indagar sobre os recursos existentes na web sobre a ensinanza transversal dos valores.
A verdade, é que está bastante complicado e non hai demasiados. Creo que sería interesante encontrar traballos cos valores, nas diferentes áreas curriculares de primaria. Porque non aproveitar moitos temas das materias de naturais ou sociais para traballar nas aulas e dende a casa os valores que están implícitos neles?. Porque non utilizar o inglés para facer debates e aprender vocabulario sobre estes temas?. Non estaría ben utilizar a clase de galego ou castelá para traballar fábulas ou contos con moral?...
Sé que a nosa lexislación contempla esta ensinanza, pero estase levando a cabo nos nosos colexios?. Porque custa tanto traballar isto?. Como se implican a s familias na educación dos valores no seus nen@s?
Como podedes observar son tantas as preguntas que me invaden e poucas as respostas que encontro na rede. A maioría dos escasos recursos atópanse en páxinas do continente americano, tanto EEUU, coma centro e sur América. Que fai esta diferencia?. Porque en Europa, máis concretamente no noso País?, E moito máis acentuado na nosa comunidade autónoma?
O 18 de febreiro, saía unha reportaxe na prensa sobre as estadísticas de acoso , é certo que na nosa comunidade os casos de acoso tiñan un porcentaxe menor, pero a min gustaríame saber cantas escolas están aplicando o protocolo de identificación e actuación para poder saber si de verdade os nosos nen@s o están sufrindo.








Dende a miña humilde opinión os resultados son mellores porque non indagamos, e ollos que non ven, corazón que non sinte. Estamos nunha comunidade autónoma cuns índices de inmigración moito menores, o que fai que temos menos conflito interraciais, ( estes son claramente visibles), pero que pasa co acoso sufrido por aqueles que son coma nós?, entre iguais? A nosa sociedade penso que non está disposta a recoñecer o malos e crueles que podemos chegar a ser.

.... Sinto a negatividade da entrada de hoxe, pero creo que non todo o que nos rodea e de fermosos colores, é que os buratos negros están por algo na nosa galaxia, temos que enfrontarnos a eles e demostrar que non lle temos medo, que somos capaces de mirarnos o espello e que si non nos gusta  o que vemos, temos a intelixencia humana de cambialo. Así que vos animo a tod@s a cambiar as cousas.
Ánimo compañeir@s de viaxe, entre tod@s, está claro que podemos!!

Ata pronto .... nunha nova viaxe

martes, 29 de marzo de 2016

PÓSTER DIXITAL.

HOLA ASTRONAUTAS:

Aquí me tedes de novo, despois de levar traballando varias semanas no meu póster dixital. A verdade é que non o daba acabado, sempre contantas cousas na cabeza e mil cousas empezadas, pero por fin o teño listo.

poster dixital universo de valores





<iframe src="http://edu.glogster.com//glog/49006620" width="650" height="480" frameborder="0" scrolling="no" marginheight="0" marginwidth="0" style="overflow: hidden;"></iframe>


















Trátase dun póster con oito planetas, cada un deles ligado a un valor. A idea e traballar un valor cada mes na aula e na casa, centrando diferentes actividades que podamos facer cos nenos a ise valor en concreto.

As pequenas naves espaciais nos levan a diferentes xogos para os nenos que tratar algún de ises valores.
Os planetas polo contrario nos levarán o clicar a páxinas web que traballan ise valor con actividades para facer cos nen@s na aula o na casa, contos para poder leer na casa polas noites o videos de debuxos que van tratar ise valor.

Espero que vos guste.

UN saudiño dende unha lonxana galaxia.

a profe de valores.

sábado, 26 de marzo de 2016

O CIBER ACOSO NOS NOSOS NENOS DE PRIMARIA

Hola Astronautas, déixovos a infografía dun caso de ciberacoso, feita para unha das miñas clases.
Paréceme tremendamente interesante ver a problemática que temos hoxe en día,  ante un problema, que si non cambiamos a nosa forma de ensinar os valores dende un eixo transversal, non deixaremos de ver crecer.
Os valores dos que tanto vos falo, son tremendamente necesarios, e o traballo en equipo entre o colexio e a familia e indispensable niste caso. O colexio pode ocuparse de ensinar a multiplicar ou escribir os nosos nen@s e a nosa aportación non será necesaria, pero cando falamos de valores a cousa se complica, pois as familias por si soas non poden facelo todo, e está claro que o colexio tampouco. A comunión das dúas partes faise indispensable e obrigatoria o que nos leva a prantexar unha ensinanza onde a familia e a escola conviven xuntas, son aliadas e non inimigas, son comprices e non acusatorias. Por iso, vos deixo isto,  unha pequena reflexión a situación da nosa educación e da nosa sociedade e sobre todo unha reflexión interna a nós mesmos.

Cun guiño vos deixo para seguir navegando, ista vez polo meu universo máis interno.

INFOGRAFÍA CIBERACOSO



CREANDO OS NOSOS XOGOS GALACTICOS

Ola a tod@s!!!
Como estades meus queridos astronautas?
 Eu moi ben, pasando unhas fermosas festas de Semana Santa, os meus nenos están cos seus avós e primos e eu aproveito para perderme no mundo das Tic, e de como utilizalas no mundo dos valores e dos nen@s.
Hoxe estou moi contenta, pois despois de unhas cantas horas somerxida no ordenador, atopeime cunha páxina:   SCRATCH,   a verdade é, que está xenial, inda que para utilizala haxa que verse o menos 2 ou 3  TUTORIAIS, pero unha vez vistos, todo consiste en poñelas mans a obra, ir probando e entrando en xogos feitos por outros usuarios, para sacar de alí programacións de base xa feitas.
Creo que este programa, é unha ferramenta estupenda para traballar con nenos e nenas de infantil ou de primaria, pois pode chegar a ser moi visual, é dinámico, sendo nós os mestres/mestras ou pais/nais os creadores de todo tipo de xogos.
Pode utilizarse tamén para facer historietas ou contos virtuais, e incluso os nenos poden participar dando ideas de como facer o desenvolvemento do conto ou do xogo.... Eu vos animo a que entredes polo menos para ver en que consiste e seguro que vos enganchades coma min.
Feliz Fin de semana..... E ata pronto nunha nova galaxia



luns, 21 de marzo de 2016

OS PUZLES INTERACTIVOS.

Hola a tod@s!
Espero que estedes pasando unhas boas festas de Seman Santa.
Eu vos presento hoxe un novo recurso que acabo de facer. Trátase dun puzzle creado a partir das definicións dos valores que considero máis importantes para os nen@s de primaria de terceiro ciclo. O ter que buscar no puzzle as pezas para completar a definición os nenos teñen que ser máis conscientes do seu significado.
O feito de que se lles contabilice o tempo e podan entrar nun ranking fai o xogo máis interesante e unha razón de máis, para que queran repetilo máis veces afianzando por riba o concepto.
E decidido traballar valores coma o respeto, a tolerancia, a solidaridade, pois creo que deberían estar presentes máis amiudo na nosa sociedade, os nenos poden aplicala e levala moi facilmente o seu terreo, o patio, a aula, o parque, cos amigos, cos que non son tan amigos.
Moitos dos casos de acoso escolar que nos encontramos nos colexios, veñen pola falta destes valores no cotiá, Se os traballamos un pouco mási amiudo e observamos como os nosos nenos os levan, ou non,  a práctica na hora do recreo poderemos axudarlles moito máis a resolución dos conflictos de maneira máis productiva e menos destructiva.
Fagamos a nosa educación máis GLOBAL,  máis HOLÍSTICA e hoxe máis que nunca esto é máis fácil gracias as TIC, os múltiples recursos fan que podamos abordar un tema , ou concepto desde moitísimos ángulos, e de moitisimas maneiras facendo incluso os aprendizaxes moitisimo máis lúdicos. Xuntemos as pezas entre todos para recuperar os valores perdidos.




http://www.puzzlesjunior.com/desafio-puzzle-de-valores-desordenados_56f04734692be.html

Bueno.... Espero que vos guste e non dubidedes en probalo.

Un saúdo Astronautas, ata pronto nun novo planeta.




luns, 14 de marzo de 2016

CAZA DO TESOURO. OS VALORES VALEN?



Boas de novo a tod@s:


Hoxe vos traio unha ferramenta de traballo que dende o meu punto de vista é moi interesante.

Trátase dunha caza do tesouro para reforzar os valores dos nen@s, o mesmo tempo que permite os pais, nais e os titores, ver como se desenvolven as relacións dos nenos na casa e na escola. Permite nos observar os problemas que poden estar presentes entre eles e que moitas veces por medo non contan.

O acoso escolar tan presente hoxe en día, e tan difícil de detectar nalgunhas ocasións.

Ista Caza do tesouro debémola facer cos nenos en grupo, adoptando diferentes roles para ver os diferentes puntos de vista dun mesmo problema, isto permitirá o mestre detectar algúns problemas da aula, e a inseguridade que lles produce os nenos a falta distes valores no seu cotiá. Por outro lado os nen@s, permítelles ver  o difícil que é ser mestre por exemplo cando todos están falando.

Aquí vos deixo o acceso o recurso


http://laprofedevaloresun.wix.com/misitio

mércores, 2 de marzo de 2016

REFLEXIÓN SOBRE OS RECURSOS

Ola astronautas, aquí estamos de novo para navegar polo Universo en busca de TIC.

Hoxe vou facer unha reflexión sobre os recursos encontrados para iniciarme no tema  dos Valores.
A verdade é que tratase dun tema onde hai moito que facer aínda, os recursos non son moitos, polo menos en canto a recursos propios sobre a educación en Valores, imaxino que vai en paralelo o pouco uso que aínda se lle da na nosa sociedade. Sen embargo podemos encontralos implícitos noutros recursos, como contos para nenos e nenas para traballar a lectura e a comprensión, que o mesmo tempo falan dalgún valor , póñovos como exemplo unha aplicación para tabletas que tanto a min como a miña filla encantounos : "UN DESEO POR NAVIDAD" (by Smile & Learn ).
Tamén encontramos algunhas web de ONGS que falan de esta temática, presentando os seus programas pedagóxicos interactivos, como por exemplo Aldeas Infantís, co seu "ABRAZA TUS VALORES 2015", déixovos o link por si vos apetece ollar isto, creo que ten preciosos xogos colaborativos e moi enriquecedores tanto para nenos coma para adulto:  http://goo.gl/uaJbNC
Nos recursos presentados nos apuntes do proxecto, a verdade é que non encontrei moito, sobre o tema escollido, o que máis se encontra, son blogues que falan da súa importancia tanto nas familias como nas escolas, polo contrario si que tiñan moita información sobre a creación da web, e recursos para axudar o desenvolvemento dos recursos propios.
Un dos poucos recursos interesantes para os nenos e nenas que encontrei foi en Educalandia:"http://www.educalandia.net/, nada especifico e concreto para min, pero moitas ideas para intentar adaptar a miña temática en proxectos futuros.
Outro punto que me sorprendeu foron a cantidade de links a recursos que xa non estaban en funcionamento ou pequenos xogos que se colgaban e non funcionaban correctamente.
Bo,  en definitiva estamos ante un tema moi amplo, pero con moi poucos recursos, ademais de non ter demasiada calidade, e por riba os que hai, están enfocados moito máis a secundaria e bachillerato que  a os nosos pequenos astronautas de primaria.
Temos polo tanto un gran traballo por diante e seguiremos buscando neste enorme Universo, quizás inda non din co meu PLANETA, así que con presa pero sen pausa, poño en marcha a miña nave esperando encontrarme cunha choiva de meteoritos cargadiños de valores  .
Se coñecedes o vos topades con algún distes valores nas TIC, non dubidedes en contarnos o seu emprazamento, pois estaremos encantados de facerlle unha visita.

Ata outra astronautas ......





PRESENTANDO O MEU UNIVERSO

Saúdos a tod@s ,


Hoxe fago a miña primeira entrada, así que gustaríame explicar un pouco de que vai todo isto....
Tratase de un Blog para a búsquea e desenvolvemento das TIC, como axuda na educación dos nenos e nenas de primaria, NOS EIXES TRANSVERSAIS, en materia de VALORES.
Creo firmemente que este é un tema de gran interese, para os educadores, futuros mestres, familias e sobre todo para os nosos principais protagonistas os RAPACES.

Os eixes transversais están fortemente vinculados coas estratexias de innovación, na participación educativa, por iso creo que o uso das TIC é fundamental, pois estamos nun campo privilexiado onde está case todo por facer, constitúen un campo de experimentación onde as Novas Tecnoloxías, poden sacar o seu mellor lado.

Estes eixos contribúen a formación equilibrada da personalidade, inculcando Valores, respecto os dereitos humanos, e a outras culturas, ó desenvolvemento de hábitos que pelexan contra o consumismo desaforado e por tanto elimina as discriminacións existentes por razón de sexo , ou pola pertenza a unha minoría étnica. Para logralo hai que acompañar a estes eixos transversais de metodoloxías ( as TIC, no noso caso) para convertelas en instrumentos útiles e operativos que leven ós nosos rapaces a vivir unha vida plena, e facer de este mundo un lugar mellor.

Espero que este tema vos guste tanto coma min, pero sobre todo que o apliquedes no voso día a día. E que esta viaxe o interior do Universo de Valores sexa toda unha aventura.




Ata pronto, nalgún planeta lonxano....

a profe de valores universais